Páxinas

domingo, 1 de novembro de 2020

Educando, axudando a ser

Non somos iguais. E non temos por que selo: cada un de nós ten o seu propio talento. Axudar aos demais a atopar o seu é o mellor que podemos facer por eles.



Dous homes comentan a marcha dos seus fillos no colexio:
- Pois o meu fillo sacou un dez en Debuxo e un dous en Matemáticas.
- Vaia! E que vas facer?
- Buscareille unhas clases particulares.
- Entón valo meter en clase de Matemáticas?
- De Matemáticas non, home. De Debuxo!

 (Inspirado nun microrrelato de A. Jodorowsky)

Ningún comentario:

Publicar un comentario