Páxinas

luns, 6 de abril de 2020

Piratas ou xenios?

O debate sobre a propiedade intelectual sempre me interesou. O tema da piratería tamén. E por suposto, a explotación do artista (escritor que non cobra os seus dereitos, pintor que cede unha porcentaxe abusiva ao galerista, músico estrangulado pola discográfica, etc.) Quen se beneficia de controlar as reproducións dunha obra?
Era Mozart un pirata ou un xenio, cando reproduciu con exactitude o Miserere de Allegri, que estaba prohibido, para que só se puidese escoitar na Capela Sixtina?

Ningún comentario:

Publicar un comentario